Copyright 2019 - Custom text here

PAJARO AZUL-SPORTING ESTRADA

TEMPADA 1977-78……..2000/…..

MOI BREVE HISTORIA. E MOITOS AGRADECEMENTOS

A principios do ano 78 un grupo de entusiastas adolescentes decidiron fundar un club de fútbol de categoría infantil que pasaron a denominalo PAJARO AZUL. Eran os comezos difíciles dun sono que foi collendo corpo a medida que trascurrian os anos . Daquela só se competía na categoría infantil. Foi precisamente o 5 de marzo dese ano o primeiro partido oficial enfentándose ó potentisimo equipo do Callobre onde hoxe é o campo da festa. O antigo PAJARO AZUL dou paso anos despois o que hoxe é o SPORTING ESTRADA, club de referencia non só da nosa comarca senón tamén de toda a nosa comunidade autónoma.

Durante estos máis de trinta anos foron moitas as vivenzas, alegrías , tristuras, que nos tocou vivir de preto. Quixeramos destacar aquí, para comezar, o nome dos presidentes que durante este tempo fixeron grande este club como foron Nicanor Bermejo (falecido), Manolo Blanco, José Antonio Lamiño e Remigio García . Tamén quixéramos ter un recordo especial a aqueles xogadores que luciron a elástica do club e que tristemente faleceron como Fofi, Juan Sanmartin, Alfonso Calvo e Josiño García que nos deixaron nas navidades do 2007 víctimas de dous accidentes de circulación.

Ó longo de todos estes anos foron máis dun millar os nenos e nenas que luciron orgullosos a indumentaria amarela/verde e que formaron parte dos diferentes planteis da entidade así como moitos, tamén, os adestradores que traballaron a reo para facer grande este clube. Como reza na Planificación o SPORTING ESTRADA ademais de ser un club de fútbol ten tamén unha función social como é facilitar a todos los nenos/as a súa inclusión no mundo do fútbol colaborando ademais coa súa educación integral.

Foron moitos os títulos acadados durante estos anos, ascensos, tamén houbo algún que outro descenso, pero un dos premios que gardamos con máis cariño foi sen lugar a dubidas cando fomos galardoados co premio San Martiño pola utilización da lingua galega. Na tempada 2007/2008 entregóusenos o Trofeo que nos distinguía como equipo máis deportivo da Delegación de Fútbol de Santiago e que foi votado por todos os árbitros.

Todas as categorías son tremendamente importantes para o club pero temos que citar unha en concreto que nos enche de ledicia e que a denominamos como a xoia da coroa. Esa non é outra que os “peques prebenxamins” que alecciona o noso director deportivo Pepe Chedas. De ahí sairon “grandes” xogadores que militan na actualidade en grandes clubs da comarca. Preto de 20 anos en funcionamento con leccións maxistrais impartidas por adestradores, xogadores e colexiados da 1ª División Nacional.

Toda esta realidade é un traballo tremendamente complicado pero que se leva a cabo gracias a unha serie de persoas que coa súa aportación anual fan posible que todo isto continúe. Para eles só temos verbas de agradecemento como tamén para os pais dos nenos/as que seguen confiando no noso facer. Cabe destacar, tamén, ó Concello da Estrada que dende un principio tampouco escatimou esforzos e segue apoiándonos incondicionalmente.

Xa para rematar agradecerlle a Estrada Dixital e a Lito, en particular, que esta paxina web sexa posible. Grazas tamén a todos os xogadores/as das diferentes categorías que ó longo de todos estos anos fixeron e fan posible esta realidade.

f t g